Os camiños de Santiago rebordan de peregrinos, que superan as cifras dos anos anteriores
Segundo os datos oficiais, o número de peregrinos que escolle o Camiño Francés non deixa de medrar. Nos seis primeiros meses deste ano, case oitenta mil peregrinos optaron por esta vía para chegar a Compostela, o que supón case 7.000 máis ca o ano pasado por estas mesmas datas.
Din que os días coma hoxe son os mellores para facer o Camiño: sen moito sol e sen choiva.
Con todo, os peregrinos ben deitan das primeiras horas do día para camiñar, así teñen tempo para ir chegando aos sitios con calma, acomodarse, descansar, tomar algo ou meditar.
Tamén pola mañá é cando os hosteleiros aproveitan para aquelar os cuartos e deixar todo preparado para os seguintes peregrinos, como está facendo agora Sara.
Precisamente, en fronte da casa de Sara hai outro albergue. Un grupo de peregrinos repón forzas.
Coméntanos este rapaz que o inesperado, cando é bo, é coma un agasallo da vida.
Os peregrinos van chegando aos poucos; moitos xa teñen reservado onde durmir. Outros improvisan. En xeral, chegan de bo ánimo, pero moi cansos. A media das etapas camiñando é duns vinte quilómetros diarios.
Cada ano van chegando peregrinos. No que levamos de 2019 chegaron sete mil máis ca o ano pasado. Eles son unha porta aberta a outras culturas, a outras falas, e tamén supoñen unha fonte de ingresos esencial para os lugares polos que vai atravesando o Camiño.