CRTVG

Buscar

Os cambios no tráfico no centro de Lugo seguen xerando controversia

Publicado o 02/06/2021 14:47

Duas patrullas da policía local ordenan o tráfico na zona cero dos novos cambios na circulación no centro de Lugo. Dende esta rotonda desvíase os vehículos as novas rotas tras pechar un treito da ronda da muralla. É o punto de maior confusión e despistes para os condutores.

Hoxe o trafico é fluído, pero os cambios seguen xerando controversia. As criticas veñen pola presenza de varios centros escolares nesta zona que é a que agora absorve a maior parte dos vehículos. Pero tamen están os que defende os cambios son bos e que precisan dun periodo de adaptacion.

O motivo dos cambios é a peonalización do treito da ronda da muralla coñecido como a Mosqueira e liberar a muralla do impacto diario do paso dos vehículos.

Noticias web

02/06/2021