CRTVG

Buscar

Os cambios na facturación da luz levan a mudar hábitos de consumo

Publicado o 21/07/2021 15:04


En moitos fogares están tentando adaptar as tarefas domésticas aos períodos menos caros: "Por exemplo, a lavadora si que cambiamos o horario, o lavalouzas,... As luces, andamos máis encima"; "Pero todo o edificio, eu a partir das 10 da noite sinto lavadoras, sinto secadoras, sinto de todo"; "Si, algo adaptei, desde hai un par de semanas, pero é un despropósito na miña opinión todo isto".

Uns horarios que non sempre son compatibles para todos. "E tes que estar pendente do tramo de dúas a seis, que ás veces non estás e é imposible, eu ademais cunha nena pequena tes que poñer moitas lavadoras e a verdade é que é excesivo"; "Nin tampouco é normal ter que pasar o ferro ás 12 da noite porque ás 12 da noite estás cansada e queres ir para a cama. Así que simplemente é unha xogada que nos fan de intentar sacarnos os cartos por algún sitio".

Outros aínda non fixeron cambios: "Non, nós seguimos igual, de momento non notamos no recibo"; "Pouco, porque non estás na casa, eu vivo solo e aínda non podo dicir nada".

Segundo cálculos das organizacións de consumidores, o prezo medio da factura da luz encareceuse un 35 por cento na primeira metade de xullo ou, o que é o mesmo, unha media de case 22 euros por fogar.
 

Noticias web

21/07/2021