Os cabalos de Valadares arrasan unha plantación de 250 árbores autóctonas
Os comuneiros de Valadares investiron o ano pasado preto de 3000? euros nunha plantación de 250 tipos de árbores autóctonas, uns trescentos exemplares que pretendían ser unha especie de xardín botánico.
Agora a maioría daquelas árbores desapareceron: o gando salvaxe, sobre todo cabalos que pastan na zona, comeunas case todas ou danounas cos seus golpes. Os responsables da comunidade consideran que os propietarios dos cabalos deberían evitalo ou polo menos asumir os custos.
O groso da plantación estaba nesta chaira aos pés da ermida do Alba. Os comuneiros e algúns contratados plantaron aquí unhas trescentas árbores de duascentas cincuenta especies diferentes. Estaba pensado como unha especie dun xardín botánico, mesmo tiña un valo de madeira.
Non contaron cos cabalos salvaxes que algúns veciños da zona teñen ou que veñen doutras parroquias.Algúns deles estaban hoxe sobre o vello vertedoiro do Zondal. Un ano despois da plantación, apenas quedan árbores. Os comuneiros están desolados.
Consideran que os gandeiros deberían controlar o que comen os seus animais e facer fronte aos gastos ocasionados.
Tanto nesta zona como no próximo Val Miñor abonda o gando salvaxe, a Comunidade de Montes tentou crear unha agrupación de gandeiros para evitar casos como estes e protexer os intereses de todos os colectivos.