Os 'botellóns' na cidade vella de Vigo provocan as queixas veciñais
En Vigo, os botellóns que se celebran na zona vella están a provocar o malestar dos veciños e tamén algúns conflitos entre os propios hostaleiros. Dende a reapertura da hostaleria no mes de febreiro algunhas rúas da zona vella viguesa como a da rúa Teófilo Llorente convértense en punto de encontro entre mozos, algúns deles menores de idade, que se reúnen para beber alcohol na rúa. A situación xa provocou moitas queixas dos veciños da zona pero tamén certo enfrontamento entre hostaleiros ante acusacions de que algúns deles incumpren a normativa sanitaria fomentando o botellón
Os responsables dun dos establecementos sinalados confirman botellóns fronte ao seu local pero desvincúlanse da venda de alcol en vía publica e a menores. Os veciños da zona reclaman solucións das administracións. Están fartos e preocupados.
Concientes de que os incumprimentos son minoritarios, dende a asociación de hostaleiros do Casco Vello lembran a importancia de ser estritos coa normativa para que esta situación non repercuta no sector. Tamén solicitan máis control policial.