CRTVG

Buscar

Esgotados en doce horas os bonos da Xunta para incentivar o turismo

Publicado o 14/04/2021 18:59

Xa están esgotados os bonos turísticos da Xunta. O prazo de solicitude abriuse a medianoite pasada e en apenas doce horas xa non quedaban. A avalancha de solicitudes na sede electrónica da Xunta obrigou os usuarios a soportaren longas esperas para conseguir estas tarxetas prepago, subvencionadas pola Xunta nun 60 %, e que se poden usar en case 700 establecementos asociados.

Houbo un alude de solicitudes para conseguir un dos bonos turísticos do programa Quedamos en Galicia. A sede electrónica da Xunta tivo desde a pasada medianoite máis de 100.000 usuarios en cola, que tiveron que botarlle moita paciencia.

E apenas 12 horas despois de abrirse a solicitude xa estaban esgotados todos os bonos dispoñibles, cun orzamento total de 2 millóns de euros. A medida foi ben acollida polos usuarios, e tamén polos 668 establecementos adheridos.

A Xunta subvenciona o 60 % do importe destes bonos, que se poden gastar en calquera dos establecementos asociados. Iso si, lembren que, como toda subvención, hai que declaralos na renda do próximo ano.

Noticias web

14/04/2021