CRTVG

Buscar

Os bonos de desconto da Xunta incentivan as compras nos pequenos comercios

Publicado o 09/05/2021 09:28

A iniciativa, lanzada pola Consellería de Economía, leva unha semana e xa a descargaron máis de sesenta e catro mil persoas, que poden beneficiarse de descontos en máis de 4.000 establecementos de toda Galicia.

O prazo para que os negocios se adhiran a esta iniciativa amplíase ata finais deste mes.

Os propios comerciantes valoran esta medida, que para o cliente supón un desconto de 5 euros por cada compra de 30 euros, ou unha rebaixa de dez euros se o gasto é de 50 .

Ademais destes bonos para animar as compras no pequeno comercio, a Xunta prevé destinar 5 millóns de euros no impulso á dixitalización destes negocios.