CRTVG

Buscar

Os bonos Activa Comercio permitirán descontos de 30 euros nas compras

Publicado o 14/04/2021 16:16

A partir deste xoves, os establecementos poderán adherirse aos bonos destinados a incentivar o consumo no comercio.

Funcionarán a través dunha aplicación móbil, que ofrecerá bonos de 30 euros para descontar nas compras. Entrarán en vigor a principios de maio, e a Xunta calcula que poderá beneficiar uns 330.000 clientes. 

O vicepresidente económico explicou que este programa, que conta cun orzamento de 10 millóns de euros, quere reactivar a actividade do comercio de proximidade.

Noticias web

14/04/2021