CRTVG

Buscar

Os bombeiros sufocan un incendio nun piso de estudantes da Coruña

Publicado o 17/10/2021 14:48

Os bombeiros da Coruña sufocaron un incendio que comezou pouco antes da medianoite nun piso de estudantes da zona de mercado de Santo Agostiño. Cando chegaron ao lugar, as lapas eran visibles desde o exterior do edificio, que xa fora desaloxado. Os bombeiros entraron forzando a porta da vivenda.

O lume prendeu nun colchón e espallouse por todo o cuarto. O resto das estancias quedaron danadas polos efectos do fume. Non houbo feridos. Á unha da mañá os veciños desaloxados puideron regresar aos seus domicilios.

Noticias web

17/10/2021