CRTVG

Buscar

Os bombeiros rescatan toda unha familia das lapas en Kansas

Publicado o 14/09/2021 08:49
Os bombeiros rescatan toda unha familia das lapas en Kansas

Angustioso rescate en Wichita, Estados Unidos. As chamas nun apartamento saen polas fiestras e o balcón dun edificio. A familia estaba no interior, e temíase o peor, ante as dimensións do lume. A rápida intervención logrou salvalo a todos, incluída a pequena da familia, que foi a primeira en ser rescatada. As cámaras corporais dos bombeiros gravárono todo, que rematou con grandes danos materiais. Catro persoas e dous bombeiros tiveron que ser atendidos no lugar.

Noticias web

14/09/2021