CRTVG

Buscar

Os bombeiros rescatan dúas sendeiristas que estaban de visita na Ribeira Sacra

Publicado o 19/04/2021 10:00
Os bombeiros rescatan dúas sendeiristas que estaban de visita na Ribeira Sacra

Dúas sendeiristas tiveron que ser rescatadas nas últimas horas na Ribeira Sacra. Foi unha xornada de domingo complicada para os servizos de emerxencia, bombeiros e o 061. Unha das sendeiristas tiveron que sacala a pé por unha zona moi escarpada, tiveron que trasladar a muller escalando por un camiño de gran pendente de máis de 700 metros.

A muller estaba de visita na zona da pena do Castelo en Sober e, ao parecer, mancouse nun nocello e non podía camiñar. O segundo rescate realizouse en Ferreira de Pantón, nunha zona rochosa onde se levantan varios sepulcros. A muller caeu e sufriu importantes mazaduras, polo que tras o rescate tivo que ser evacuada ao hospital. 

Noticias web

19/04/2021