Os bombeiros de Santiago sufocan un incendio declarado no interior dun restaurante do centro da cidade
Publicado o 06/09/2021 16:33
Os bombeiros de Santiago sufocaron este mediodía un incendio nun restaurante, a onde chegaron alertados pola chamada dos veciños do propio edificio que viran saír moito fume do baixo.
O lume, que se orixinou na zona de grella do asador Gonzaba, un dos máis populares de Santiago. Calcinou a cociña, e o fume tamén afectou a zona común do edificio onde se sitúa o local. Arestora o lume está controlado e están a levar a cabo tarefas de ventilación.
Non houbo que lamentar danos persoais, xa que os traballadores que se atopaban no local foron desaloxados.