Os bombeiros de Ourense rescatan un pescador encallado nun illote
Publicado o 18/05/2021 13:48

Un pescador tivo que ser rescatado en Ourense tras quedar incomunicado nun illote do río Miño. O home chegou andando ata a zona, situada en fronte das termas de Outariz, pero cando se deu conta o nivel da auga xa medrara moito e non era quen de saír. Foi el mesmo que alertou da súa situación o 112. Os bombeiros de Ourense acudiron ao seu rescate e conseguiron devolvelo a terra, san e salvo, coa axuda dunha embarcación. Aconteceu cando ía caer a noitiña.
Non é a primeira vez que os equipos de emerxencias teñen que rescatar pescadores nestes illotes.