Os bombeiros de Boiro precisaron bombonas de osíxeno para extinguir un incendio nun garaxe de Rianxo
Publicado o 12/09/2019 14:42
Son as imaxes que nos ceden os bombeiros de Boiro da súa intervención no incendio do garaxe dunha vivenda de Rianxo a tarde pasada.
A grande acumulación de fume fixo preciso que empregaran bombonas de osíxeno para poder traballar na extinción das lapas. Un coche ardeu por completo e outro quedou seriamente danado, ao igual que varios electrodomésticos e o mobiliario desa planta baixa.
Os donos da vivenda, atrapados polo fume, refuxiáronse na cociña, e a Policía Local rescatounos sans e salvos pola ventá empregando unha escaleira.
O suceso produciuse no lugar de Outeiro, na parroquia de Taragoña.