CRTVG

Buscar

Os bombeiros continúan controlando o lume no polígono do Ceao, en Lugo

Publicado o 17/04/2021 19:39

A madrugada desta noite fará unha semana que se iniciou o incendio de varias naves do polígono industrial do Ceao.
Un lume que, malia estar moi controlado, aínda precisa da presenza dos bombeiros para evitar calquera posibilidade de que se reactive de novo.

Coméntannos os bombeiros que onte aínda se detectaron baixo todos estes cascallos varios focos onde a temperatura alcanzaba os 450 graos, por iso aplican escuma densa para que permaneza e para tratar así de que continúen baixando as temperaturas.

Esta zona do polígono parece agora unha cidade pantasma, sobre todo dende que onte se empezaron a retirar as estruturas do forxados, entre outros motivos, para que os bombeiros poidan seguir traballando sen correr tanto perigo.

A presenza dos bombeiros aínda será necesaria mañá e descoñécese ata cando o será. O luns proseguirán os traballos de demolición e desentullo.

Noticias web

17/04/2021