CRTVG

Buscar

Os bielorrusos volven ás rúas para esixir a renuncia de Lukashenko

Publicado o 06/09/2020 21:58

Os bielorrusos volveron ás rúas para esixir a renuncia de Lukashenko. A principal protesta antigobernamental, igual ca noutras ocasións, tivo como escenario a cidade de Minsk, onde se celebrou a marcha opositora no medio de fortes medidas de seguridade.


Foron ducias de milleiros de persoas as que volveron saír á rúa para pedir a dimisión do presidente do país. Lukashenko, ante a persistencia das protestas, respondeu con máis detencións. As mobilizacións espalláronse hoxe por varias cidades, con ducias de milleiros de persoas clamando contra o lider bielorruso baixo unha notable despregadura de militares e blindados.

 

Noticias web

06/09/2020