Os betanceiros sacan os disfraces para celebrar un Entroido de confinamento
Publicado o 25/04/2020 19:20
Os betanceiros sacaron os disfraces ás terrazas para celebrar un Entroido de confinamento por todo o alto. Catro DJs organizaron unha sesión vermú multitudinaria á que estaba convidada a vila enteira. A música chegou a cada rúa a través do streaming.
Pero non todo foi bailar. Os impulsores da iniciativa aproveitaron a festa para animar á xente a facer unha doazón a favor da Cruz Vermella a través dunha conta solidaria e a colaborar nunha campaña de recollida de alimentos nos supermercados que se desenvolverá o dez de maio.
Todo o mesmo día que o concello betanceiro decidiu suspender a feira medieval, prevista para o mes de xullo.