Os beneficios penitenciarios para os condenados poden empezar en tres meses
Publicado o 15/10/2019 15:15
A sentenza tamén abriu outro debate, o dos posibles beneficios penitenciarios aos que poden acollerse os doce condenados. Ao estaren transferidas as competencias de prisións, a Generalitat podería concederlles o terceiro grao ou semiliberdade cando haxa sentenza firme.
Nese caso, os Jordis serían os primeiros en poder acollerse a eses permisos, xa en xaneiro do próximo ano. No caso de Junqueras, condenado a 13 anos de cárcere, sería a comezos de 2021.
Se non hai acordo, a última palabra sobre os permisos tena a xustiza.