CRTVG

Buscar

Os beneficios de Inditex caen un 70 por cento no ano da pandemia

Publicado o 10/03/2021 08:19

Inditex logrou en 2020, o ano da pandemia, pechar en positivo malia o golpe que a Covid supuxo para a industria da moda. A empresa con sede en Arteixo obtivo un beneficio de 1.106 millóns, un 70% menos que os 3.600 de hai un ano. As vendas caeron un 28 por cento, ata 20.400 millóns.

Con todo, para Pablo Isla, son cifras motivo de orgullo dado o contexto mundial: "é con noita diferenza o ano en que máis orgulloso e satisfeito me sinto polo traballo da compañía. Chegamos a ter pechadas ata o 90% das tendas"

O presidente da multinacional galega prevé que o 12 de abril volverán estar activas o cen por cento das tendas. Inditex aproveitou este ano complicado para reestruturar o seu modelo. Pechou 640 locais ao tempo que aceleraba a súa transformación dixital: as vendas en liña medraron un 77 por cento. Isla di que  "para nós é importante o crecemento das tendas en liña. Pero o máis importante é o concepto da plena integración entre a tenda física e a tenda en liña".

A multinacional duplica o dividendo, ata os 70 céntimos por acción. Avanza que non prevé presentar proxectos aos fondos de reconsteucción.E confirma os investimentos do próximo trienio: 2.700 millóns, cunha aposta clara para seguir avanzando na dixitalización.

 

Noticias web

10/03/2021