CRTVG

Buscar

Os restaurantes agardan recuperar clientela tras o relaxo das restricións

Publicado o 23/10/2021 14:54

Co levantamento da emerxencia sanitaria, os restaurantes recuperan o consumo na barra, xa traballan ao cen por cento da súa capacidade e amplían o horario de peche. Durante 19 meses foi o sector máis prexudicado. 

Hoxe quixemos comprobar a pé de rúa como viven este alivio das medidas. En Lugo, onde é tradicional saír a tomar os viños, comeza a recuperarse o hábito. Con todo, non é coma antes.

No interior dos establecementos continúa sendo necesaria a máscara e tamén fóra se non se pode manter a distancia de seguridade. Iso si, as terrazas, que durante a emerxencia sanitaria foron o lugar preferido polos clientes, manteñen o seu tirón.

Noticias web

23/10/2021