CRTVG

Buscar

Os bares e os restaurantes serán os últimos en volver á normalidade

Publicado o 16/04/2020 14:28

Ninguén sabe con certeza cando se poderá repetir esta imaxe. Bares cheos de xente gozando dun dos praceres máis típicos: ir tomar algo coa familia ou con amigos. Dende hai un mes o coronavirus deixa estoutra escena. Obriga a manter os locais pechados e as terrazas recollidas.

Cren que a reapertura será complicada e que traerá restricións nos aforos. Por iso piden medidas específicas para o sector.

Outro dos retos cando a restauración retome a actividade será adaptar os protocolos para manter a hixiene e garantir a seguridade. Algo en que xa se está a traballar, e que será, aseguran, unha dificultade engadida.

A hostalería representa máis do 6 por cento do PIB en España. Pero segundo un informe recente das consultoras Bain & Company e Ey, a facturación do sector podería sufrir unha caída este ano do 40 por cento, e podería perderse un 25 por cento do emprego.

Noticias web

16/04/2020