CRTVG

Buscar

Os bares e cafetarías de Verín pechan dez días para frear a expansión da covid-19

Publicado o 13/10/2020 15:35

Será ás 20 horas de hoxe cando os bares e as cafeterías boten o peche en Verín durante dez días. Unha iniciativa que tomaron a instancias do Concello para intentar frear a expansión do virus.

En Verín o número de casos activos está en 72, o que sitúa o concello en alerta vermella. Os restaurantes seguirán prestando servizo, cumprindo, iso si, con todas as restricións de ocupación e medidas sanitarias.

Noticias web

13/10/2020