CRTVG

Buscar

Os bares de Verín pecharon este martes para contribuir a frear o avance da pandemia

Publicado o 13/10/2020 21:00

Hoxe, día da Hostalería, fixámonos nunha iniciativa solidaria: a dos bares de Verín, un dos concellos de Ourense en alerta vermella pola COVID−19. Optaron por pechar durante dez días para contribuír a frear a pandemia.

As oito da tarde deste martes era o horario de referencia, algúns xa pecharon durante a xornada de hoxe e outros agardaron ao momento acordado, pero, en calquera caso, a noticia é que, efectivamente, a hostalería de Verín arrima o ombreiro con esta medida coa que pretenden, di o seu presidente, "ser parte da solución e non do problema".

En Verín hai a día de hoxe 72 positivos, pero a nova máis tráxica é que faleceron tres persoas nas últimas 24 horas, tres usuarios da residencia Val de Monterrei. Dous deles estaban ingresados no hospital de Verín e o outro seguía na residencia de maiores.

O concello instou aos locais de hostalería a pechar durante dez días como medida preventiva, a cambio dunha liña de axudas específica para pequenos locais, e estes secundaron masivamente a proposta. Agardan poder chegar ao inverno con mellores cifras de contaxios.

Noticias web

13/10/2020