CRTVG

Buscar

Os bancos de pedra do parque Rosalía de Lugo sofren o ataque dos vándalos

Publicado o 02/05/2019 16:49

Non é a primeira vez que os vándalos se ceban cos bancos de pedra do parque. En Lugo xa espertaron así máis veces. E non só neste parque centenario, tamén noutras zonas da cidade, como pasou cando decapitaron a fonte de San Vicente ou cando rompen e levan a iluminación da muralla.

Dende o propio Goberno municipal falárase de instalar cámaras de vixilancia, pero finalmente esta iniciativa está parada. Mentres tanto, a xoldra desafortunada duns poucos séguena a pagar todos os veciños.

Noticias web

02/05/2019