CRTVG

Buscar

Os balnearios reactivan a súa actividade coa chegada dos programas do Imserso

Publicado o 01/09/2021 16:06

Co remate do verán, o sector turístico adáptase a outro tipo de clientes. Volven os programas do Imserso. O Instituto de Maiores e Servizos Sociais acaba de abrir a convocatoria para participar no Programa de Termalismo con máis de 57.000 prazas. Balnearios e usuarios agardaban por esta reactivación.

A piscinas e as salas terapéuticas permanecen baleiras. Con parte do seu persoal aínda en ERTE e despois de meses parados, no balneario de Cuntis agardaban con ilusión a posta en marcha do Programa de Termalimo do Imserso. Para os 16 balnearios de Galicia que participan supón constancia e estabilidade para os afrontar os próximos meses.

O prazo de solicitude das máis de 57.500 prazas que ofrece o programa do Imserso xa está aberto. E arredor de 1.300 dos participantes 'tomarán as augas' aquí, en Cuntis, famosas polos seus beneficios para problemas respiratorios, dermatolóxicos e do aparato locomotor. Usuarios que farán neste programa algo máis que turismo.

Nun ano normal nestas instalacións agora baleiras realízanse uns 6.500 tratamentos terapéuticos. A partir de outubro, todo volve comezar.

Noticias web

01/09/2021