Os axentes de xogadores cren que hai que paliar unha situación caótica
• Prevén dificultades se se xoga co mercado aberto
Xogar máis aló do 30 de xuño enreda o escenario. E reparemos en casos concretos. Thomas Meunier queda libre co PSG e fichou co Borussia de Dortmund.
Un caos que vai implicar unha negociación de clubs, futbolistas e federacións.
Vexamos a situación do fútbol galego.
O Celta: 7 xogadores quedan libres o 30 de xuño, porque rematan contrato ou pechan as cesións.
Moito máis delicada é a situación do Deportivo e do Lugo. O Deportivo ten 15 xogadores nunha listaxe onde se mesturan contratos liquidados, finais de cesións e ampliacións de acordos vinculadas á permanencia.
Tamén o Lugo ten máis dun 75% do vestiario nunha situación semellante: 15 xogadores coa data vermella do 30 de xuño nos seus contratos.
Polo momento, campos baleiros pero coa idea de que o fútbol volva.