CRTVG

Buscar

Os autotests de antíxenos e anticorpos pódense mercar desde este xoves sen receita

Publicado o 21/07/2021 14:13

De fácil manexo e resultado inmediato. Así son os tests que dende mañá se poden mercar nas farmacias para saber se se padece ou padeceu o coronavirus. Calquera persoa pode adquirilos e realizalos, pero, no caso dos menores, é precisa supervisión dun adulto. En caso de resultado positivo, haberá que contactar de inmediato cos servizos médicos. Os farmacéuticos piden que se aproveite esta nova ferramenta. "Todas as armas que identifiquen contaxios e permitan illalos son benvidas", di Alejandro Sánchez, do Colexio de Farmacéuticos de Lugo.

As farmacias recomendan agardar cinco días dende que se produza o posible contaxio para realizar os tests, de xeito que sexan máis fiables. Tamén calculan que non haberá problemas de abastecemento aínda que se dispare a demanda.

"Recomendamos agardar varios días dende que se produza o posible contaxio para que o resultado sexa certeiro", explica o farmacéutico Pablo Carreira.

Os farmacéuticos piden que se sigan ao pé da letra as instrucións dos autotests para que estes resulten eficaces na diagnose.

Noticias web

21/07/2021