CRTVG

Buscar

Os autónomos poden solicitar desde mañá a primeira liña de axudas do plan de rescate da Xunta

Publicado o 18/11/2020 15:56

Para os autónomos, outros dos sectores están vivindo tempos difíciles por mor da pandemia, haberá axudas da Xunta que se poden solicitar a partir de mañá.

É a primeira das tres liñas de axudas do plan de rescate da Xunta. Os traballadores autónomos que queiran solicitala poden resolver calquera dúbida sobre como facelo a través da aplicación GOU que xa poden descargar no seu teléfono.

As axudas van dende os 1.200 ata os 2.000 euros para as actividades máis afectadas, como a hostalería, o turismo, o ocio nocturno ou os taxis.

Poden solicitarse dende mañá, xoves, ata o 18 de decembro

Préstamos de 3.000 a 500.000 euros por negocio

Ademais, hai outra liña de axudas que o Goberno galego vai poñer en marcha a partir do venres.

Destinaranse dez millóns de euros, que autónomos e pemes poderán devolver ata en sete anos.

O conselleiro de Economía explicou que os préstamos irán dos tres mil aos cincocentos mil euros. Terán intereses baixos e próximos ao 0% para negocios de hostalería, lecer nocturno ou industria cultural.

Noticias web

18/11/2020