CRTVG

Buscar

Os atropelos mortais de peóns subiron máis dun 40% no último ano, segundo a DXT

Publicado o 03/01/2020 14:15

Vinte peóns morreron atropelados na estradas galegas o ano pasado, unha cifra que se incrementa por segundo ano consecutivo e que fai destes sinistros, segundo a DXT, un dos principais problemas de seguridade viaria en Galicia.

A crifra de peóns falecidos aumenta un 40 por cento, a pesar das campañas de seguridade viaria desvolvidas no último ano. Por iso, a DXT anuncia que vai tomar novas medidas para reducir a sinistralidade. Este aumento contrasta coa mellora da cifra de condutores falecidos, que baixou un 13 por cento con respecto ao ano anterior.

Só no ano 2017 houbo unha cifra de sinistralidade mellor que a do ano pasado, con 76 falecidos nas estradas galegas.


 

Noticias web

03/01/2020