Os atrasos na factura da luz preocupan os consumidores polo importe a pagar que están acumulando
Publicado o 16/09/2021 16:10
Á continua suba no prezo da electricidade súmase agora outro problema engadido. O atraso na facturación por parte das distribuidoras eléctricas que xa trae de cabeza a moitos consumidores.
Hai uns meses as compañías eléctricas reprogramaron os contadores para adaptalos ao novo sistema de treitos que entrou en vigor o pasado un de xuño. Daquela houbo algún problema técnico que foi o que motivou erros na facturación. Pero o que os consumidores non entenden é que meses despois persistan os atrasos nas facturas.
Para as distribuidoras, son fallos puntuais que xa están tratando de arranxar.