Os arquivos de Manglano recollen que Margarita Robles entregaba fondos reservados en metálico á Casa do Rei
Publicado o 04/10/2021 15:10

Unha investigación do xornal ABC desvela o arquivo persoal de Emilio Alonso Manglano. O que fora durante quince anos xefe dos servizos secretos españois recollía nos seus cadernos a tensión dos inicios da democracia, como o 23-F e o terrorismo.
Entre as revelacións, ABC apunta que a actual ministra de Defensa, Margarita Robles, entregaba 60 millóns de pesetas anuais en metálico á Casa do Rei durante a súa etapa como número dous de Interior. Segundo Manglano, Zarzuela queixouse desta práctica porque prefería talóns do Banco de España.