Os armadores galegos avisan do impacto negativo do acordo posbrexit
Un dos sectores máis preocupados en Galicia por este acordo comercial entre o Reino Unido e Bruxelas é o sector pesqueiro. Din os armadores que é cedo para establecer estratexias, pero pesqueiras viguesas que traballan nas Malvinas xa sopesan levar a África a fase do procesado para escapar dos aranceis do brexit.
Di Javier Touza, presidente de ARVI: "O impacto a efectos dos aranceis entre o 6 e o 18 por cento vanse a reflexar en tres dias, o 1 de xaneiro".
Os barcos galegos poderán pescar en augas británicas a partir do un de xaneiro, data en que o Reino Unido recupera o control das súas augas. En que condicións é o que lle preocupa ao sector en Galicia. Polo momento por facelo cinco anos houbo que ceder o 25% das cotas con acordos anuais supeditados á sostibilidade ambiental.
"Non non nos da seguridade a medio e longo prazo para poder efectuar invesrions importantes na flota", di o presidente dos Armadores de Galicia.
A Xunta xa anunciou que fará todo o posible para minimizar o impacto negativo deste acordo sobre o sector pesqueiro e convocará en breve o Consello Galego de Pesca.
Rosa Quintana, conselleira do Mar, asegurou: "Entendemos que por cinco anos se entrega o 25 por cento das posibilidades de pesca, é un golpe importante. Veremos despois de cinco anos que é o que temos que entregar".
En aguas británicas traballan máis dun cento de barcos galegos; preto de 60 no Gran Sol, unha vintena nas Malvinas e máis de 20 barcos con bandeira británica pero de capital galego.