CRTVG

Buscar

Os areais galegos deseñan os dispositivos para garantir a seguridade

Publicado o 25/05/2021 15:54

Galicia prepara as praias para este verán pensando na seguridade. Os concellos traballan nos dispositivos para converter os areais nun lugar seguro fronte á covid. As cores serán as que indiquen a mobilidade nos areais vigueses. O verde serán os accesos, a cor branca serán zonas de paso e a amarela, para o paseo.

Vigo volve elixir o sistema de cuadrículas para garantir a seguridade. Na praia do Vao 100 e en Samil 200 bandas delimitarán o espazo entre os usuarios. O dispositivo xa comezou a instalarse nos areais. As autoridades sanitarias serán as que recomenden o número de persoas que poderá estar en cada parcela. O dispositivo comezará a funcionar a finais de xuño.

Na Coruña xa traballan para deixar os areais a punto. En Riazor e no Orzán comezaron a desfacer a duna que durante o inverno protexe o paseo marítimo. 

 

Noticias web

25/05/2021