Os antidisturbios cren que a xente actuaba organizada na xornada do 1-O
Publicado o 17/04/2019 15:21
Hoxe continúa o xuízo do procés, a sesión número 33. Desta volta declaran unha vintena de antidisturbios da Policía Nacional. Perante o tribunal, relataron os insultos e as agresións que sufriron por parte da xente congregada nos colexios do un de outubro, que na súa opinión actuaba organizada.