CRTVG

Buscar

Os anciáns das residencias en Cataluña xa poden saír a pasear e visitar familiares

Publicado o 13/02/2021 19:44

A inmunización dos maiores nas residencias e a mellora da incidencia da pandemia en Cataluña deixounos o sábado estas imaxes.

A da saída dos anciáns para dar paseos ou reencontrarse con familiares, aos que poderán facer visitas dun ou dous días.

Deben, iso si, cumprir coas medidas de seguridade, como levar máscara, lavar as mans ou desfinfectar a roupa e o calzado antes de regresar á residencia. Foi unha xornada de emocións ante uns reencontros que consideran moi necesarios.

 

Noticias web

13/02/2021