CRTVG

Buscar

Os amigos de Samuel reencóntranse co mozo senegalés que intentou axudalo

Publicado o 09/07/2021 15:27

 Ibrahima Shakur é o mozo senegalés que na madrugada do sábado non dubidou en axudar a Samuel perante os seus agresores. Un xesto que os amigos de Samuel non deixan de agradecer.

Jefferton Rubens, amigo persoal dos pais de Samuel, asegura que están rotos pola dor pero moi agradecidos por todas as mostras de cariño e apoio que reciben neste duros momentos e só piden que se faga xustiza. 

O próximo domingo, os veciños da Coruña volveran manifestarse dende a praza da Palloza ata María Pita para amosar o seu rexeitamento ao odio e a violencia que acabaron coa vida de Samuel.

Noticias web

09/07/2021