CRTVG

Buscar

Os amantes dos deportes de inverno agardan que chegue por fin a neve, tamén a Galicia

Publicado o 19/01/2019 13:57

Esta fin de semana volveu o frío, a chuvia... e a neve a moitos puntos do interior de Galicia. Á fin e ao cabo é o que toca, estamos no mes de xaneiro. Pero mentres que para moitos este tempo non ten nada de positivo, para os amantes dos deportes de inverno supoño que será unha boa noticia ante a posibilidade de que abra as súas portas a única estación de montaña que temos en Galicia, a de Manzaneda. Así que hoxe decidimos falar das posibilidades do noso territorio para practicar estas disciplinas, que xa lles digo que van moito máis alá dos esquís. Para que nolo conte temos aquí a Miguel Barreto, presidente da Federación Galega de Deportes de Inverno.
 

Noticias web

19/01/2019