CRTVG

Buscar

Os alumnos murcianos son os primeiros en examinarse da ABAU

Publicado o 01/06/2021 08:28
Os alumnos murcianos son os primeiros en examinarse da ABAU

As probas de acceso á universidade, a ABAU, antiga selectividade, comezan a celebrarse a partir de hoxe respectando as medidas de seguridade para evitar contaxios. Máis de 7.000 estudantes murcianos serán os primeiros en realizalas.

Os mozos de Navarra e A Rioxa tamén están convocados esta semana, e o resto de comunidades autónomas farán as probas a partir da semana que vén.

En Galicia, o mesmo que noutras seis comunidades autónomas, os examenes da ABAU están convocados entre o 8 e o 10 de xuño.

Os últimos en examinarse serán os estudantes de Andalucia, Ceuta e Melilla.

Noticias web

01/06/2021