CRTVG

Buscar

Pequenos investigadores descobren a contorna do río Arnoia e os seus tesouros naturais

Publicado o 28/05/2021 14:45

Por un día, os cativos do colexio Sagrado Corazón de Ourense convertéronse en investigadores. Grazas ás xornadas de divulgación, que nesta ocasión contaron coa participación de ADEGA e a Sociedade de Pesca de Pontegrande, puideron coñecer de primeira man o estado en que se atopa o río Arnoia.

Mediante unhas aulas formativas, os máis pequenos pasaron a mañá analizando a calidade da auga e do ecosistema fluvial acompañados dun biólogo que lles faciliotou todo o material que se precisa para levar a cabo a investigación.

A xornada comezaba coa recollida de pequenos insectos que habitan no río e que despois terían que identificalos para poder descubrir o estado en que se atopa a auga. O resultado deste proxecto formativo indicou que a calidade do río Arnoia é moi axeitada e ofreceulles aos alumnos unha oportunidade para achegarse á natureza. 

Con esta actividade o que se pretende é achegar os máis pequenos ao ambiente que os rodea dun xeito divertido para que coñezan de primeira man a importancia de ter un ecosistema san. 

Noticias web

28/05/2021