Os alumnos da 12ª promoción da Policía Local volven á Academia tras as prácticas obrigadas polo coronavirus
Publicado o 01/06/2020 15:02
Tamén retoma a actividade presencial a Academia Galega de Seguridade Pública.
Os alumnos da duodécima promoción de Policía Local regresaron hoxe ás instalacións da Estrada, que abandonaron cando se decretou o estado de alarma. Daquela incorporáronse de xeito extraordinario para un período de prácticas nos seus concellos de destino. O vicepresidente da Xunta agradeceulles hoxe ese esforzo durante a pandemia, e animounos na volta á actividade formativa na academia.