CRTVG

Buscar

Os alumnos coa pauta completa non farán corentena se teñen contacto cun positivo

Publicado o 05/10/2021 15:14

A vacinación dos nenos en idade escolar vai permitir facer cambios no protocolo dos colexios. Os alumnos que teñan a pauta completa de vacinación e que entren en contacto directo cun positivo, nas aulas ou no eido familiar, non terán que gardar corentena.

Outra das novidades vai dirixida a controlar os gromos. Trataranse coma abrochos cando se sumen tres casos ou máis, nun tempo máximo de 14 días, e con vínculo entre os afectados.

A Consellería de Educación apunta que dende que comezou o curso baixou considerablemente a incidencia.

 

 

Noticias web

05/10/2021