Os alumnos cegos adáptanse a unhas aulas en que case nada pode tocarse
A ONCE e a Consellería de Educación colaboraron para elaborar protocolos especiais da prevención da covid-19 entre o alumnado invidente. Os rapaces con problemas de visión deben adaptarse a unha nova realidade nas aulas en que case nada pode tocarse.
Xabela asiste con normalidade ás súas clases de sexto de primaria, nun colexio que adaptou os protocolos para os alumnos con discapacidade visual.
O bastón é máis ca antes un substituto tamén das mans. Todos notamos a falta do contacto, pero para os nenos e nenas con discapacidade visual a imposibilidade de poder tocar réstalles información que para eles é básica.
Precisan moitas veces alguén a quen achegarse, do que obter comunicación co contacto. Necesidades que persoas como Xabela suplen con tesón, con intelixencia e ata cunha exemplar alegría.