CRTVG

Buscar

Os alugueiros de apartamentos vacacionais na costa galega van a bo ritmo

Publicado o 29/05/2019 16:47

O bo tempo volve ser un grande aliado para o sector turístico. A piques de comezar a campaña estival, as previsións para este ano son moi esperanzadoras. 

Os alugueiros de apartamentos vacacionais, sobre todo para os meses de verán, xa van a bo ritmo con reservas que xa se iniciaron en febreiro. En Sanxenxo, por exemplo, xa se pode dicir que a primeira quincena de agosto está case ao 100 % de ocupación. 

Queda un mes para comezar a campaña estival, pero o sol e a calor son un gran reclamo para os turistas que nos visitan. Aínda é cedo para falar de cifras, pero o sector amósase optimista.

En Sanxenxo son moitas as persoas que xa gozan dun tempo de vacacións buscando descanso, sol e praia.

Outra opción son os alugueiros de apartamentos vacacionais. Sanxenxo é un dos lugares con máis vivendas dadas de alta, é dicir, mais de 3.500. A campaña para eles xa comezou en febreiro e a estas alturas de ano xa teñen meses como o de agosto, sobre todo a primeira quincena, ao cen por cento de ocupación.

O pasado ano na zona do Salnés rozaron o cen por cento de ocupación, sobre todo en agosto. Tamén en zonas da Mariña Lucense e mesmo a Ribeira Sacra roldaron o 85% das súas reservas.

Noticias web

29/05/2019