Os alimentos multiplicaron en xaneiro ata oito veces o seu prezo de orixe antes de chegar ao consumidor
En xaneiro, os prezos dos alimentos multiplicáronse de media por catro desde os campos e hortas nos que se produciron ata chegar ao consumidor, e nalgúns casos, como os das patacas e os limóns, incrementáronse mais de oito veces.
Son datos do índice de prezos en orixe e destino elaborado pola Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras que explican este aumento de prezos no desequilibrio que hai entre produtores e os distribuidores e a industria agroalimentaria.
Segundo o índice mensual que elabora a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras en xaneiro, algúns alimentos multiplicaron ata oito veces o seu prezo ao pasar do campo á mesa dos consumidores.
Así, o quilo de patacas pagóuselles aos produtores de media a 15 céntimos e nos mercados e nos lineais de supermercados e tendas vendeuse a 1,15 euros de media.
As organizaciós agrarias culpan deste incremento o desiquilibrio existente entre os produtores de alimentos e os distribuidores e a industria agroalimentaria, que se fixo máis grande durante esta pandemia.
"Que esas marxes tan abusivas non están quedando máis que nesa distribución e nesa industria e non na orixe. E as persoas consumidoras vense pois gravemente repercutidas por este incremento de valor deses alimentos".
Outros alimentos que rexistraron unha maior diferenza de prezo entre orixe e destino durante o primeiro mes do ano foron os limóns, que multiplicaron o seu prezo medio por oito, os allos por sete veces e media, e as laranxas, máis de seis.
"Non o vexo moi normal porque tal e como estamos non creo que teñamos que pagar as cousas tan caras".
Dos máis de trinta produtos incluídos no índice da COAG, só cinco chegaron ao consumidor cunha diferenza menor ao dobre do pagado aos produtores.