CRTVG

Buscar

Os alcaldes do PPdeG en Lugo reivindican que a Deputación mellore estradas en todos os concellos

Publicado o 08/04/2021 13:04
Os alcaldes do PPdeG en Lugo reivindican que a Deputación mellore estradas en todos os concellos

Para denunciaren o abandono en que din que se atopan moitas das estradas provinciais de Lugo, os 32 alcaldes da provincia protagonizaron un acto reivindicativo ás portas da Deputación lucense.

Os rexederores populares petaron repetidamente contra o chan con cascos azuis e vermellos, en sinal de protesta contra un uso que cualificaron de clientelar e sectario do parque móbil do organismo provincial.

Reclamaron que o equipo de goberno preste servizo para a totalidade dos concellos da provincia e non só para a metade deles.

Noticias web

08/04/2021