CRTVG

Buscar

Os alcaldes da Coruña e Santiago meditan a súa retirada tras perder a alcaldía

Publicado o 28/05/2019 19:54

Podemos perdeu poder territorial o pasado domingo. Só será chave para gobernar en Asturias, as Canarias, as Baleares e A Rioxa. Nos grandes concellos desaparecen parte dos alcaldes do cambio de 2015. Ada Colau aínda ten posibilidades nalgún tipo de coalición. Continúan algún dos que se distanciaron da dirección de Podemos como José Manuel González, Kichi, en Cádiz ou Joan Ribó de Compromís, que prescindiu de coaligarse co partido morado.

En Galicia dos chamados alcaldes das mareas perderán o bastón de mando os agora rexedores en funcións da Coruña, Santiago e Ferrol. Pero Jorge Suárez aspira a formar parte da coalicion que encabece o socialista Ángel Mato.

"Hai que poñerse a negociar desde xa en base a ideas e proxectos de mellora da cidade maís que en competencias ou postos", asegura Suárez.

Martiño Noriega, de Compostela Aberta, puxo o cargo á disposición das bases. Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, estaría meditando a súa retirada da primeira liña política.
 

Noticias web

28/05/2019