Os albergues do Camiño de Santiago xa poden cubrir ata o 50 % das prazas
Neste albergue están rematando de amañar os cuartos dos peregrinos que marcharon esta mañá. Ten unha capacidade de 20 prazas e reciben con agrado a medida.
A carón do albergue Huellas está o Pons Minea. Xa dende primeira hora da mañá serven os almorzos da xente que xa rematou a etapa que adoitan comezar en Sarria. O Camiño móvese dende moi cedo, e hai peregrinos que comezan ás 5 da mañá a camiñar para chegar o máis axiña posible ao lugar no que ven durmir e conseguir así praza.
Mabel coméntanos que, finalmente e felizmente, este verán está habendo máis peregrinos dos previstos.
Un dos peregrinos que durmiu na rúa esta noite esqueceu o saco no banco.
A partir de setembro cóntase que descenda a afluencia dos peregrinos e que, se os datos sanitarios o permiten, vaia aumentando a capacidade dos albergues.