CRTVG

Buscar

Os afectados polo dano cerebral adquirido reclaman unha rehabilitación especializada inmediata

Publicado o 26/10/2021 19:59


Afectados polo dano cerebral adquirido e as súa familias saíron hoxe ás rúas con motivo do Día Nacional desta enfermidade. Con esta mobilización queren reclamar unha rehabilitación especializada desde o minuto cero para todas as persoas que padecen esta discapacidade. En Galicia hai 35.000 persoas con dano cerebral adquirido e case medio millón en toda España. O 78% dos casos teñen a súa orixe nun ictus, mentres que o 22% restante débese a traumatismos cranioencefálicos ou tumores cerebrais.

Noticias web

26/10/2021