Os afeccionados ao deporte poderán prescindir da máscara para realizar a actividade física
Publicado o 25/06/2021 12:58
Ciclistas afeccionados, xente que sae correr ou persoas que dan paseos longos para manter a forma poderán dende mañá prescindir da máscara para realizar a súa actividade física.
Prescindir da máscara vai supoñer un alivio porque permitirá respirar mellor á hora de facer esforzos. Aínda así, os deportistas afeccionados lembran que non se pode baixar a garda.
Cómpre lembrar que o uso da máscara segue estando vixente noutras prácticas deportivas afeccionadas en recintos pechados como son os ximnasios ou as piscinas.