Os aeroportos galegos recuperan este verán 2 de cada 3 pasaxeiros que tiñan antes da pandemia
Os aeroportos galegos recuperaron terreo este verán. O tráfico de pasaxeiros vaise achegando aos niveis de antes da pandemia. Nos tres últimos meses, xuño, xullo e mais agosto, pasaron polo conxunto dos tres aeroportos galegos máis dun millón de pasaxeiros. Son 500.000 menos que no verán de 2019 cando aínda non había pandemia. Polo tanto, as tres terminais galegas xa recuperaron 2/3 do tráfico.
Se atendemos os datos só do mes de agosto facilitados por aena, polo xestor aeroportuario, este aeroporto de Santiago Rosalía de Castro foi que máis pasaxeiros moveu dos tres galegos e o que máis recuperou porque, este mes de agosto só tivo un 8,6 por cento menos de pasaxeiros que no mesmo mes de 2019. O aeroporto de Vigo rexistrou un 18 % menos de viaxeiros e o da Coruña é o que ten unha menor recuperación, o pasado mes tivo case un 34 % menos de pasaxeiros que e agosto de 2019.